Xa tiveches a impresión de que existe algo maior lá fora, algo que
non podes ver? Pois ben, existe – e chámase materia escura.
A materia escura está espallada polo espazo, envolvendo a Vía Láctea e todas as outras galaxias.
É catro veces máis común no universo que a materia visíbel, aínda que nunca a vimos
nin a observamos directamente!
Entón como sabemos que existe? Por causa da gravidade. Unha galaxia é como un carrusel xigante no cal
todas as estrelas están a andar. Para permanecer nel, cada estrela precisa agarrarse con forza (e é aí
onde a gravidade entra), senón voaría polo espazo.
O problema é que a forza da gravidade de todas as estrelas que vemos non é forte o suficiente
para manter xuntas as galaxias – todas as estrelas deberían estar a voar no bordo do carrusel!
Mais non o están. É como se unha corda invisíbel estivese a axudalas a agarrarse. Os físicos cren
que esa corda é a forza da gravidade de cousas que non podemos ver – isto é, materia escura.
E como sabemos a velocidade de estrelas en galaxias distantes? O efecto Doppler (que
é o motivo polo cal a sirena da policía ten un ton máis grave cando o automóbil pasa) tamén funciona coa luz – é así
como un radar detecta a túa velocidade, e como os astrónomos miden a rotación das galaxias.
Así, usamos o que podemos ver para que nos fale sobre aquilo que non podemos ver.